⚡️ Precisamos oficiais ⚡️

En 2019 terá lugar a primeira Liga Galega. Un total de 8 partidos que terán lugar nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense. As Brigantias somos as encargadas de organizar a sede en Santiago o 16 de Febreiro e buscamos oficiais* para facer posibles estes 2 xogos cargados de emoción.

HORARIO:
17:00 h _ AS BRIGANTIAS ROLLER DERBY A CORUÑA VS SEREAS BRAVAS ROLLER DERBY VIGO
19:00 h _ IRMANDIÑAS ROLLER DERBY VS JABATAS ROLLER DERBY OURENSE

DATA: Sábado, 16 de Febreiro 2019
LUGAR: Pavillón de Fontiñas (Rúa de Dublín, 3, 15707) Santiago de Compostela

PREGUNTAS: officialsbrigantias@gmail.com

*Oficiais (persoal de árbitraxe con patíns e NSOs deben ser preferentemente persoas federadas)

FORMULARIO