Filosofía e obxectivos

Filosofía Brigantia

As Brigantias Roller Derby é un club organizado en comités de traballo polas patinadoras para as patinadoras, coa finalidade de facer do Roller Derby profesional en Coruña e Compostela, unha realidade.
Buscamos persoas comprometidas, que desexen desenvolver as súas capacidades como patinadoras e emprendedoras, para que traballemos xuntas na tarefa de achegar o Roller Derby á sociedade galega.
As Brigantias Roller Derby busca crecer deportiva e organizacionalmente, sempre promovendo relacións de amizade e irmandade entre todas as integrantes e con outras ligas e equipos deportivos. Así mesmo,fomenta o deporte feminino en equipo.

Obxetivos do club

Difundir entre a sociedade galega a cultura do deporte de equipo feminino sobre patíns, como unha alternativa aos deportes convencionais.

Promover os valores de traballo en equipo e honestidade.

Traballar activamente pola igualdade, o bo trato e a erradicación da violencia de xénero dentro do deporte.

Promoción dun clima acolledor e integrador de persoas transxénero, intersexuais e de xénero expansivo que decidan practicar Roller Derby.

Motivar ás xogadoras para desevolver o seu potencial atlético.

Organizar partidos con ligas doutras cidades e países.

Participar en torneos nacionais e internacionais.

Retribuir con resultados que favorezan a promoción das entidades patrocinadoras que apoian á liga e a cidade da Coruña.