Únete

Xogadora

– Que idade teño que ter para unirme?
Para participar en As Brigantias Roller Derby A Coruña, como na maioría das ligas do mundo, debemos esixirche que sexas maior de idade. Se tes entre 16 e 18 anos, precisarás dun permiso materno ou paterno para poder adestrar.
– Que nivel de patinaxe necesito?
Só é necesario que saibas desprazarte fluidamente e con estabilidade sobre patíns tradicionais (dous eixos), realizar cambios de dirección e saber frear. A xogar ensinámosche nós!!!!

-Que necesito para ir probar un día?

Referee

– E se quero patinar pero non xogar?
Se queres patinar pero non che gusta a idea do contacto, unha boa alternativa é incorporarte ao roller derby como persoal de arbitraxe (zebra). Recibes o mesmo adestramento que as patinadoras, pero non te expós ao contacto. Para ser Zebra o equipamento é o mesmo, con todo, hai dúas excepcións principais:
Patíns: podes usar patíns en liña, aínda que a WFTDA recomenda que uses tradicional. Hoxe, a maioría dos árbitros están a usar tradicional.
Bucal: non usas bucal porque o cambias por un chifre que será o teu principal elemento de autoridade.

NSO

– E se non quero patinar, pero si implicarme?
Se che interesa o Roller Derby, pero non tes habilidade para patinar ou non queres desenvolvela, ademáis do persoal de arbitraxe con patíns, un partido de Roller Derby require un grupo de Non-Skating Officials (NSO) que axudan no desenvolvemento do partido. Non levan patíns e non é necesaria ningunha clase de experiencia xa que desenvolven moitas funcións distintas nos partidos e podes axudar en todas.

Costes

– Que costes ten para min?
Os patíns e as proteccións se non os tes. Autoxestionámonos. Non recibimos subvencións nin axudas. Somos un equipo con pouco poder de financiamento, que se sostén cunha cuota mensual de 20 euros, utilizada para a compra de elementos para os adestramentos, pagar o alugueiro das pistas onde adestramos e outros gastos propios do equipo. Estamos federadas. Para manter a túa seguridade e que esteas cuberta na pista,
cada patinadora xoga baixo un seguro da Federación Galega de Patinaxe, na que existen dous tipos de fichas de pago anual:
Ficha Fittnes: cobertura para participar activamente nos adestramentos, masterclass, bootcamps, partidos amistosos… (25 euros ao ano).
Ficha Senior: para xogar en campionatos (58 euros ao ano).

Comités

As Brigantias somos un equipo autoxestionado por e para as súas integrantes (xogadoras e persoal de arbitraxe).
Traballamos de forma horizontal organizadas mediante comités. A participación de tódalas integrantes nestes equipos de traballo é moi importante. Cando as xogadoras se involucran no funcionamento interno do equipo, polo xeral, este obtén mellores resultados na planificación, realización e execución de eventos, se crean actitudes máis positivas e o equipo medra para ser exitoso dentro da comunidade Derby.