Colabora cas Brigantias

Novas entidades colaboradoras

Podes escribirnos un correo a sponsorsbrigantias@gmail.com
A liga As Brigantias Roller Derby é un club sen fin de lucro. Os seus obxectivos céntranse en difundir o deporte e os valores que lle atribúen. Por estas razóns a liga busca constantemente personas/entidades colaboradoras que comparta a visión da liga, o gusto polo Roller Derby e que brindan o seu apoio coa finalidade de ver cumpridos os nosos obxectivos.
Existen distintas áreas de apoio e necesidades da liga, entre elas atópanse:

· Un lugar apto para adestramentos e partidos. Este debe ser o suficientemente grande para albergar a pista de dimensión oficiais (30 X 20m) máis o espazo destinado ao público. Non pode haber columnas dentro de esta area nin algún outro tipo de barreira ou obstáculos que puidese resultar perigoso ao momento de impactar contra él. A superficie deberá ser apta para patinaxe, isto inclúe parquet ou cemento pulido. Non debe haber chanzos a menos de 3 metros de distancia da pista. De preferencia o lugar deberá contar con bancadas para o público e persoal sanitario. É indispensable que o lugar se atope con paredes e techado, xa que a choiva e a intemperie en xeral interferen enormemente cos adestramentos e eventos da liga. Así mesmo, debe contar con iluminación suficiente que permita ter boa visión durante a tarde e a noite, xa que moitos dos encontros e adestramentos adoitan ter máis asistentes neses horarios. Finalmente, debe contar con estacionamento suficientes para as integrantes da liga, visitantes e público.

· Financiamento para uniformes oficiais.

· Financiamento para equipo de proteccións. O Roller Derby é un deporte de contacto completo, por iso as xogadoras deben estar equipadas con casco, proteccións para os xeonllos, cóbados, pulsos e protector bucal.

· Financiamento para a adquisición e mantemento dos patíns e as súas partes: rodas, frenos, rodamentos, etc.

· Mercadoría oficial da liga: camisetas, bolsas, parches, pegatinas..

· Apoio económico para a participación da liga en partidos e torneos tanto dentro como fóra da cidade da Coruña.

· Espazos en medios de comunicación como radio, televisión, internet para difundir eventos e dar a coñecer as actividades da liga.

· Espazos físicos onde achegar o deporte á comunidade: eventos, reunións, visionados de partidos…

· Financiamento para o rexistro da organización, os seus logotipos e todo o que ela concierne.