Que é o roller derby?

Un deporte de equipo, de contacto e velocidade sobre patíns.

Un deporte maioritariamente feminino, que esixe forza e constancia.


Nun partido, ou bout, dous equipos enfróntanse patinando arredor dunha pista plana e ovalada, en sentido contrario ás agullas do reloxo. Un bout de Roller Derby está conformado por dous tempos de 30 minutos cada un, divididos en múltiples xogadas, ou jams, de ata 2 minutos de duración. Ó comezo de cada jam, cada equipo aliña 5 patinadoras: unha jammer, que é a encargada de anotar puntos cada vez que supera a unha xogadora do equipo contrario; tres bloqueadoras, que tratarán de evitar que a jammer do equipo contrario as supere; e unha pívot ou bloqueadora especializada, quen dirixe ás súas compañeiras.


As bloqueadoras de ambos equipos acomódanse na pista formando un grupo, ou pack, e axudan á jammer do seu equipo a avanzar máis rápido, mentres tratan de evitar que a jammer do equipo contrario as pase, realizando movementos de contacto chamados bloqueos. Existen regras que definen qué tipo de contacto é legal e cal está estritamente prohibido. Quen cometa unha falta será expulsada do partido por un tempo definido, e durante ese tempo o seu equipo deberá xogar con unha patinadora menos. Deste xeito, xógase ofensiva e defensivamente ó mesmo tempo; polo que se trata dun deporte que esixe atletismo, forza, constancia e moita
dedicación.