Únete!

Xogadora

Que idade teño que ter para unirme?
Para participar en As Brigantias Roller Derby A Coruña, como na maioría das ligas do mundo, debemos esixirche que sexas maior de idade. Se tes entre 16 e 18 anos, precisarás dun permiso materno ou paterno para poder adestrar.

Que nivel de patinaxe necesito?
Só é necesario que saibas desprazarte fluidamente e con estabilidade sobre patíns tradicionais (dous eixos), realizar cambios de dirección e saber frear. A xogar ensinámosche nós!!!!

Que necesito para ir probar un día?

Agora só queda que nos escribas un email a uneteasbrigantias@gmail.com!!

Referee

E se quero patinar pero non xogar?

Se queres patinar pero non che gusta a idea do contacto, unha boa alternativa é incorporarte ao roller derby como persoal de arbitraxe (zebra). Recibes o mesmo adestramento que as patinadoras, pero non te expós ao contacto. Para ser Zebra o equipamento é o mesmo, con todo, hai dúas excepcións principais:

Patíns: podes usar patíns en liña, aínda que a WFTDA recomenda que uses tradicional. Hoxe, a maioría das persoas que arbitran están a usar tradicional.

Bucal: non usas bucal porque o cambias por un chifre que será o teu principal elemento de autoridade.

NSO

E se non quero patinar, pero si implicarme?
Se che interesa o Roller Derby, pero non tes habilidade para patinar ou non queres desenvolvela, ademáis do persoal de arbitraxe con patíns, un partido de Roller Derby require un grupo de Non-Skating Officials (NSO) que axudan no desenvolvemento do partido. Non levan patíns e non é necesaria ningunha clase de experiencia xa que desenvolven moitas funcións distintas nos partidos e podes axudar en todas.

Se che gusta a idea de arbitrar, xa sexa con patíns ou sen eles, podes solicitar información en officialsbrigantias@gmail.com.

Foto de Ederon Kors

Costes

Que costes ten para min?
Os patíns e as proteccións se non os tes.

Autoxestionámonos. Non recibimos subvencións nin axudas. Somos un equipo con pouco poder de financiamento, que se sostén cunha cuota mensual de 20 euros, utilizada para a compra de elementos para os adestramentos, pagar o alugueiro das pistas onde adestramos e outros gastos propios do equipo.

Estamos federadas. Para manter a túa seguridade e que esteas cuberta na pista, cada patinadora xoga baixo un seguro da Federación Galega de Patinaxe.

Comités

As Brigantias somos un equipo autoxestionado por e para as súas integrantes (xogadoras e persoal de arbitraxe).
Traballamos de forma horizontal organizadas mediante comités. A participación de tódalas integrantes nestes equipos de traballo é moi importante. Cando as xogadoras se involucran no funcionamento interno do equipo, polo xeral, este obtén mellores resultados na planificación, realización e execución de eventos, se crean actitudes máis positivas e o equipo medra para ser exitoso dentro da comunidade Derby.