A nosa historia


A liga naceu como unha asociación que tivo o seu inicio a finais do 2012, en resposta a unha convocatoria anónima mediante as redes sociais. A ela acudiron un grupo de mulleres descoñecidas entre sí, pero ca curiosidade e motivación suficiente para comezar o que se convertiría no primeiro equipo de Roller Derby da Coruña.


Os inicios foron moi duros…non ter pista cuberta onde adestrar en boas condicións, descoñecemento do regramento do xogo e onde atopalo, tipos de exercicios a practicar, como organizarse, compra de material.
Polo camiño moitas destas mulleres foron sucumbindo a dito esforzo, excepto dúas delas: Evil Nurse e Lady Moratón. Continuaron no seu empeño e pouco a pouco foron sumando mais valentes que marcarían un antes e un despois no equipo, como a xogadora e árbitra Poison Isy.
As tres decidirón coller a bolsa cos seus patíns e proteccións e comezar a aprender dos equipos con mais experiencia: Porto Dragons, Roller Derby Madrid, Barcelona Roller Derby e London Rollergirls.

Xa no 2016, As Brigantias Roller Derby convértese nun club, fedérase e comeza a xogar os seus primeiros partidos. O equipo comeza a rodar e chegan interesadas de todas partes, coma Toxic Blonde procedente das Sucker Punch de Alemania.
A principios do 2017 a alta demanda na capital galega leva o equipo a organizar adestramentos tamén en Compostela a cabeza da xa veterana nestes días Lady Moratón.


O ano 2018 será para a historia das Brigantias, un ano caracterizado por dous logros moi importantes: O 15 de febreiro de 2018, As Brigantias entra a formar parte como membro aprendiz da WFTDA (Women´s Track Derby Associacion), o organismo rector do Roller Derby profesional. Convertíndose no primeiro equipo galego e o cuarto español en formar parte da WFTDA.


O 27 de febreiro de 2018, a WFTDA anuncia que o proxecto presentado polas Brigantias para organizar os WFTDA PlayOffs 2018, foi o escollido entre centos de propostas a nivel europeo. As Brigantias conseguiron que a cidade da Coruña, sexa a segunda sede europea na historia dunha das competicións máis importantes do noso deporte. Evento mundial que se celebrou no Pazo dos Deportes de Riazor, do venres 31 de agosto ao 2 de setembro de 2018.

Un mes despois dos Playoffs, Poison Isy entra a formar parte do corpo técnico do Mens Team Spain de Roller Derby, co obxectivo de preparar o equipo para o Mundial que se celebrará en xullo do 2020 en Sant Louis (U.S.A).

En xaneiro de 2019, Evil Nurse e Lady Moratón son seleccionadas polo Team Spain de Roller Derby tras participar nos TryOuts celebrados en Madrid.
Durante ese mesmo ano, As Brigantias somos recoñecidas como Full Members da WFTDA.
No mes de maio viaxamos ata a Bretaña francesa para competir no Tornout Celta na cidade de Brest.
Tamén participamos no I Nacional ARDE, competindo nas semifinais de Murcia, chegando à final de Madrid e subindo ao podio en terceira posición.

As Brigantias traballamos incesantemente para lograr empoderar as mellores xogadoras de Roller Derby na cidade da Coruña. Durante todos estes anos, As Brigantias participamos na vida social e deportiva da cidade:

  • Mesas redondas sobre feminismo, muller e deporte.
  • Presencia en festivais LGTBQ+ como o Agrocuir.
  • Campañas gratuítas para ensinar a patinar e a xogar ao Roller Derby.
  • Visionados de partidos de Roller Derby.
  • Bootcamps, SummerCamps, Open Scrimmages…
  • Participación no evento “Deporte na Rúa” do concello da Coruña.

Nesta nova tempada 2019- 2020, a equipa organizará e participará nas seguintes competicións:

  • Double Header de Roller Derby en Coruña.
  • Liga Galega de Roller Derby.
  • BootCamp con Olivia Shootin’g John (Texas Rollergirls).
  • II Nacional ARDE.
  • I Torneo WFTDA da cidade da Coruña.

A nosa forte motivación por este deporte é capaz de bloquear e derrubar calquera muro.

Imos aló!!!