🙏O NOSO ETERNO AGRADACEMENTO🙏

A finais de maio As Brigantias xogamos o noso primeiro torneo internacional e partidos sancionados pola WFTDA como full members.
Ditos logros non serían posible sen o apoio moral de todas as persoas que nos acompañastes todo este longo camiño ata chegar a Brest; e do empurre económico recibido mediante as doacións na nosa campaña gofundme:

Patricia Santos Garcia
Jose Manuel P. Q.
Charo Melero
Juan Carlos Sanmiguel Sesto (Alita Comics)
Ana Lake (Roller Derby Madrid)
Furiosa BTDD (Roller Derby Black Thunders Madrid)
Jose Luis Lopez Penela
Rachel Haring
Caperu BRD (Barcelona Roller Derby)
Laura Freexuelín (La Güestia Roller Derby Asturias)
André Portela Iglesias
Elba Becerra Mallo
Carlos Rey
E todas as persoas doantes anónimas

Tournoi Interceltique de Roller Derby

Eternamente agradecidas a todo o mundo que fixo realidade que #AsBrigantias xogaramos o noso 1° #TorneoInternacional.

Merci B.M.O Roller Derby Girls e Roller Derby Rennes polo bo trato e bo xogo. E a todo o persoal de arbitraxe e voluntariado pola plena dedicación durante os tres partidos.

Vémonos na #Coruña

Game 1: Roller Derby Rennes vs As Brigantias Roller Derby A Coruña

Score: 146- 157

Game 2: B.M.O Roller Derby Girls vs As Brigantias Roller Derby A Coruña

Score: 136- 107

🌀OBXECTIVO BREST🌀

⚓As Brigantias Roller Derby representando a Galiza ⚓

Será no Torneo Nacións Celtas que se celebrará en Brest o 25 e 26 de maio de 2019.

🇨🇮 🏴󠁧󠁢󠁷󠁬󠁳󠁿🏴󠁧󠁢󠁳󠁣󠁴󠁿🌀🇨🇮🏴󠁧󠁢󠁷󠁬󠁳󠁿🏴󠁧󠁢󠁳󠁣󠁴󠁿🌀🇨🇮🏴󠁧󠁢󠁷󠁬󠁳󠁿🏴󠁧󠁢󠁳󠁣󠁴󠁿🌀🇨🇮🏴󠁧󠁢󠁷󠁬󠁳󠁿🏴󠁧󠁢󠁳󠁣󠁴󠁿🌀

Se sintes como nosoutras o deporte de equipo, ÚNETE às Brigantias!!!

Axúdanos coa túa aportación a levar ata a Bretaña, a cultura do esforzo, a cultura das mulleres da terra fillas de Brigid e a batallar na pista de #rollerderby pola nosa Galiza!!

Imos a BREST!!!

🙏 Podes axudarnos a través de Gofundme 🙏

✏️ Laucifer

#AsBrigantias
#RollerDerby
#GoFundMe
#Galiza
#TorneoNacionsCeltas

Seguir leyendo

🗓AXENDA BRIGANTIA MARZO🗓

Colle papel e lápis e apunta, que marzo ven cargadiño de derby: 

🗓 SÁBADO 16: xogamos a III Xornada da Liga Galega de Roller Derby fronte a equipa mixta Jabatas Roller Derby Ourense ás 19:30. 

🗓 MÉRCORES 20: Unha nova xornada de adestramentos abertos, tanto en Compostela coma na Coruña, achégate a coñercer este apaixonante deporte. Escríbenos: 

📩uneteasbrigantias@gmail.com

🗓 XOVES 28: «Deportista e muller», con presenza #Brigantia de Mary Xeli e Ichi the Killer, dentro das xornadas A MULLER NO DEPORTE organizadas por  #RiazorBlues 📣

#MullerNoDeporte

#MullerDeportePatriarcado

#MullerFeminismo

#AsBrigantias

#ligagalega

#rollerderby

 

 

 

 

🏳️‍🌈Día Internacional Contra a LGTBIfobia no Deporte🏳️‍🌈

Ante este novo ascenso das ideoloxías máis conservadoras temos que seguir reivindicando eses dereitos que parecían xa conseguidos.
O roller derby ten que ser un espazo seguro para o colectivo. Namentres que noutros deportes a loita contra a LGTBIfobia é case un «paripé», nós temos que ser activistas, pois cabe recordar que o noso non é só un deporte, é unha forma máis de activismo antiracista, antifascista, queer e feminista.

WFTDA
#rollerderby
#AsBrigantias

 

 

 

 

⚡️ Precisamos oficiais ⚡️

En 2019 terá lugar a primeira Liga Galega. Un total de 8 partidos que terán lugar nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense. As Brigantias somos as encargadas de organizar a sede en Santiago o 16 de Febreiro e buscamos oficiais* para facer posibles estes 2 xogos cargados de emoción.

HORARIO:
17:00 h _ AS BRIGANTIAS ROLLER DERBY A CORUÑA VS SEREAS BRAVAS ROLLER DERBY VIGO
19:00 h _ IRMANDIÑAS ROLLER DERBY VS JABATAS ROLLER DERBY OURENSE

DATA: Sábado, 16 de Febreiro 2019
LUGAR: Pavillón de Fontiñas (Rúa de Dublín, 3, 15707) Santiago de Compostela

PREGUNTAS: officialsbrigantias@gmail.com

*Oficiais (persoal de árbitraxe con patíns e NSOs deben ser preferentemente persoas federadas)

FORMULARIO

 

 

ÚNETE ás Brigantias!!!

ADESTRAMENTOS ABERTOS NO MES DE NOVEMBRO!!

Non perdas a ocasión de descubrir e probar un deporte no que tes moito que aportar!:
Gústache patinar? Xoga connosco!!.
Patinas, pero prefires algo máis tranquilo? Pode ser persoal de arbitraxe con ou sen patins!!.
Apaixónache este deporte pero non queres xogar ou tes pouco tempo?. Forma parte dos nosos comités organizando eventos, buscando colaboracións e difunde este deporte.

A Coruña: Pasa o mércores 14 de novembro de 19.30- 21.00h, polo pavillón da Facultade de Ciencias do Deporte e da Saúde (antigo INEF, Bastiagueiro,) ou o xoves 29 de 20.00- 22.00h, polo polideportivo de Monte Alto.

Santiago de Compostela: mércores 14 de novembro de 20.00- 21.30h polo pavillón de Vite- Lata.

Dúbidas??!!: uneteasbrigantias@gmail.com

#AsBrigantias
#WeAreApprenticeWFTDA
#ImosAló

HELP US TO BE WFTDA FULL MENBERS!!

We want to work harder! Keep improving!
We want to be #WFTDA full members!
But WE NEED YOU!
Come to our city #ACoruña in 2019 and play against us!
We will prepare a nice event at the venue «Palacio de los Deportes de Riazor» where we organized #WFTDAplayoffs.
Nice food, galician parties, wild nature, lovely people… and more #sandsunderby is waiting for you!
If you didn’t have the chance to visit our city, the perfect moment to do it is now!

Contact us in bouts.brigantias@gmail.com
SEE YOU IN A CORUÑA!

Queremos seguir traballando duro! Queremos mellorar!
Queremos ser WFTDA full members!
Pero NECESITAMOS A TÚA AXUDA!
Ven a xogar contra nós en #ACoruña durante o 2019!
Organizaremos un bonito partido no «Pazo dos Deportes de Riazor» onde tiveron lugar os #WFTDAplayoffs
Sabrosa comida, festa rachada, natureza salvaxe, xente encantadora… e máis #sandsunderby estache esperando!
Senón tiveches a oportunidade de viaxar a nosa ciudade, agora é o momento perfecto!

Escríbenos a bouts.brigantias@gmail.com
ESPERÁMOSCHE NA CORUÑA!

#AsBrigantias
#RollerDerby
#WeAreApprenticeWFTDA
#WFTDAFullMembers
#ACoruña