Filosofía Brigantia
As Brigantias Roller Derby é un club organizado en comités de traballo polas patinadoras para as patinadoras, coa finalidade de facer do Roller Derby profesional en Coruña, unha realidade.
Buscamos persoas comprometidas, que desexen desenvolver as súas capacidades como patinadoras e emprendedoras, para que traballemos xuntas na tarefa de achegar o Roller Derby á sociedade galega.
As Brigantias Roller Derby busca crecer deportiva e organizacionalmente, sempre promovendo relacións de amizade e irmandade entre todas as integrantes e con outras ligas e equipos deportivos. Así mesmo, fomenta o deporte feminino en equipo.
Obxetivos do club
- Difundir entre a sociedade galega a cultura do deporte de equipo feminino sobre patíns, como unha alternativa aos deportes convencionais.
- Promover os valores de traballo en equipo e honestidade.
- Traballar activamente pola igualdade, o bo trato e a erradicación da violencia de xénero dentro do deporte.
- Promoción dun clima acolledor e integrador de persoas transxénero, intersexuais e de xénero expansivo que decidan practicar Roller Derby.
- Motivar ás xogadoras para desevolver o seu potencial atlético.
- Organizar partidos con ligas doutras cidades e países.
- Participar en torneos nacionais e internacionais.
- Retribuir con resultados que favorezan a promoción das entidades patrocinadoras que apoian á liga e a cidade da Coruña.